Partidas aprazadas
Esta fin de semana suspendéronse varias partidas por mor do temporal.
Moitas das mesmas xogaranse o longo desta semana.
Gardado en A Liga | Comentarios (0)A chave en La Voz
Na edición de La Voz de Galicia hoxe, na sección de Ferrol ven unha nota sobre o inicio da liga.
Podedes vela tamén na web de La Voz.
Gardado en A Liga | Comentarios (0)Asamblea extraordinaria o domingo e entrega da documentación
A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todos os xogadores dos equipos que participan na Liga de chave do ano 2010 a unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar no C.P.S. San Valentín o domingo día 07 de Febreiro ás 12:00 horas, cos seguintes puntos a tratar:
- Lectura e aprobación da acta anterior se procede
- Novos membros para futura Xunta Directiva
- A nova configuración da liga
- Formas e prazos do aporte de xogadores da liga
- Prezo acompañantes acto clausura
- Entrega da documentación para o desenrolo da liga.
- Rogos e preguntas
Resultados de XIII Torneo de Nadal Café Bar Xomar
1º Clasificado: O Pazo
2º Clasificado: Picas B
3º Clasificado: AVV San Pablo
Máximo chavista da final Pachicho do Pazo (68 chaves)
Máximo chavista da primeira fase Kiko (99 chaves)
Gardado en Torneos | Comentarios (0)Inscrición de equipos para a tempada 2010
Os equipos que queiran participar na vindeira tempada da liga de chave terán que entregar a documentación este domingo día 10 no CPS de San Valentín ás 12 da mañá.
Se aínda non a tes, podes descargar aquí a folla inscrición.
Na folla ademais do nome completo agradecemos que se poña o nome que normalmente vai na acta das partidas e usar sempre os mesmos para levar mellor control dos chavistas.
Tamén é importante poñer un telefono de contacto válido en caso de ter que cambiar o horario dunha partida, se engadides un email poderedes recibir as clasificacións e resultados das partidas.
Gardado en Novas | Comentarios (0)Cambios na directiva
O pasado domingo houbo unha asemblea extraordinaria onde membros da directiva, despois de cumprir un ciclo, anunciaron o seu cese como directivos. Entre os que deixan a directiva están o anterior presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro.
Na mesma asemblea despois de intentar formar outra directiva sen éxito acordouse formar unha comisión xestora a partir dos membros restantes da directiva co fin de que se poida organizar e levar adiante a organización da próxima edición da liga de chave.
Unha vez posta a andar a liga e pasado un tempo prudencial tentarase de novo formar unha nova directiva, se queres formar parte da directiva ou axudar á comisión xestora a poñer en marcha a liga ponte en contacto con calquera membro da comisión xestora ou contacta en ferrolterra [arroba] amigosdachave.es
Gardado en Novas | Comentarios (0)Eventos realizados no ano 2009
Dende o 22 o 26 de Abril de 2009, no Cantón de Molíns, en Ferrol, celebración da XX Edición da Feira do Libro, con xogos tradicionais concretamente a chave levou equipos de Ferrol do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Días 25 e 26 de Maio de 2009, no Colexio A Xunqueira, en San Valentín – Fene, xogos tradicionais para os nenos, concretamente a chave foi con representantes do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Sábado, 30 de Maio de 2009, nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, celebrouse o IV Encontro escolar galego de xogos tradicionais. Foi unha representación do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Domingo, 31 de Maio de 2009, en Muimenta (Lugo) Xogos tradicionais Galegos con as catro modalidades de chave Ferrolterra, Ourense, A Coruña e Santiago. Equipos participantes do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”: Lúa Nova, O’Pazo, C.P.S. San Valentín, L.S. Limodre, Mesón O’Campo e A.V. San Pablo. Continua lendo »
Gardado en Circulares | Comentarios (0)Informe de actividades 2009
En ocasións as transformacións mais profundas e interesantes son as mais silenciosas por elo creemos humildemente que algo así puido ocorrer no traballo levado a cabo durante estes últimos anos con respecto ao auxe e espallamento da Chave e o coñecemento da mesma tanto en Ferrolterra como en Galicia, e aínda diriamos mais, en España e en Europa isto último grazas a páxina web e a asistencia a foros de carácter Europeo vexase a participación no Encontro Internacional celebrado este ano en Aranda de Duero (Burgos).
Antes de entrar a expoñer as actividades deste ano permitídenos facer unha pequena reflexión, sobre a importancia que as actividades complementarias tiveron para esta directiva e como as mesmas con o paso do tempo foron adquirindo un valor estratéxico no contexto que anteriormente indicabamos. Continua lendo »
Gardado en Circulares | Comentarios (0)Asemblea xeral extraordinaria o 20 de decembro
A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a tódolos xogadores de os equipos que participaron na Liga de chave do ano 2009 a unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar no Auditório do C.P.S. San Valentín de Fene, o domingo dia 20 de Decembro do 2009 as 12,00 horas na primeira convocatoria e as 12,15 horas na segunda, co seguinte orde do día.
- Lectura e aprobación da acta anterior se procede
- Troco do domicilio local social
- Renovación de membros na Xunta Directiva
- Rogos e preguntas
Asemblea xeral ordinaria o 13 de decembro
A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todo-los xogadores de os equipos que participaron na Liga de chave do ano 2009 a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no C.P.S. San Valentín de Fene, o domingo dia 13 de Decembro do 2009 as 12,00 horas na primeira convocatoria e as 12,15 horas na segunda, co seguinte orde do día.
- Lectura e aprobación da acta anterior se procede
- Estado de contas
- Aportación xogadores Liga
- Balance deportivo
- Rogos e preguntas
