A Chave estivo en… C.P.I. O Ramo
7 Maio, 2008
Seguindo co programa de introduccion ó xogo da chave nos colexios o pasado día 6 de Maio o Clube amigos da chave de Ferrolterra colaborou co CPI O Ramo e o concello de Fene nas actividades que teñen programadas.
Fomos invitados pola coordinadora responsable a pedagoga Mª Xosé Paz Rodriguez. Houbo que instalar dúas canchas de chave para así dar opción a que os alumnos, tiraran mais veces. como monitores estiveron Eduardo do Lúa Nova “A” e Jaime Iglesias do Lua Nova, desenvolveuse esta actividade durante o recreo da mañá con participación de 50 alumnos e a supervisión dos seus mestres.
Gardado en Eventos | Comentarios (1)Unha resposta a “A Chave estivo en… C.P.I. O Ramo”
Deixa unha resposta



[...] Actividades de Voluntariado durante o Recreo, con dúas canchas no Colexio do Ramo e no Colexio de Centieiras, a coordinadora responsable foi Mª Xose Paz.(Fene – Dia do Deporte na [...]