Acto de clausura da XXI edición da liga de chave

O vindeiro venres 31 de Outubro celebrarase o acto de clausura e entrega de trofeos da XXI edición da liga de chave de ferrolterra.

O acto será no restaurante La Concha de O’Val (Narón) a partires das 22:00 h.

Resultados IX Torneo de Chave CPS San Valentín

O pasado sábado celebrouse na cancha do CPS San Valentín a final do “Torneo Día da Patria”, e a clasificación quedou así:

  1. Taberna O’Feal
  2. O Pazo
  3. Ambigú CPS

O máximo chavista da final foi Pepe da Taberna O’Feal.