Prazo de Inscrición de equipos para a Liga de Chave 2009
Ábrese o prazo de Inscrición de equipos para a Liga de Chave 2009, os equipos que queiran participar teñen ata o domingo día 11 de Xaneiro do 2009, onde poderán entregar a folla de inscrición e abonar os cartos da cota na reunión que terá lugar as 12 no CPS San Valentín.
Se aínda non a tes, podes descargar aquí a folla de inscricion.
Gardado en Circulares | Comentarios (0)Asamblea do 14 de decembro
A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todos os xogadore/as dos equipos que participaron na Liga de chave do ano 2008 a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no C.P.S. SAN VALENTÍN de Fene, o domingo dia 14 de Decembro do 2008 as 11,45 horas na primera convocatoria e as 12,00 horas na segunda, co seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior se procede.
- Estado de contas.
- Rogos e preguntas.
Unha vez rematada a asemblea xeral ordinaria farase outra asemblea xeral extraordinaria co seguinte orde do día:
- Renovación de cargos na Xunta Directiva
- Rogos e preguntas.
Asemblea ordinaria e extraordinaria
A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todo-los xogadore/as de os equipos que participaron na Liga de chave do ano 2008 a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no C.P.S. SAN VALENTÍN de Fene, o domingo dia 14 de Decembro do 2008 as 11,45 horas na primeira convocatoria e as 12,00 horas na segunda, co seguinte orde do día.
- Lectura e aprobación da acta anterior se procede.
- Estado de contas.
- Rogos e preguntas.
Unha vez rematada a asemblea ordinaria farase outra asemblea extraordinaria co seguinte orde do día.
- Renovación de cargos na Xunta Directiva
- Rogos e preguntas.
NOTA: Pregase a entrega do importe vendido da Loteria e as participacións sobrantes se houbera para facer entrega na Administración.
Gardado en Circulares | Comentarios (0)Campionato de chave Café Bar Xomar 2008-2009
O Café bar Xomar celebra outro ano mais o seu torneo de chave 981. Os equipos pódense apuntar chamando o 981 460 562 antes do día do sorteo, que será o 05/12/08 as 20:00h.
O comezo do campionato será o 09/12/08.
Gardado en Torneos | Comentarios (0)A chave estivo en… A Malata
Seguindo co programa de promoción da chave iniciado pola directiva e invitados pola Fundación Educación Deporte e Saúde (FEDYS) que poñían en marcha o 15 de Novembro o Día do Deporte en Familia, o Clube Amigos da Chave de Ferrolterra colaborou instalando dúas chaves, e aportando como monitores a Javier e Fernado pertencentes o club de Chave AVV San Pablo de Ferrol.
A FEDYS está declarada de interese galego pola xunta de Galicia e está inscrita a Consellería de Cultura e Deporte, os obxectivos son transmitir e potenciar a educación e o desenrolo multicultural grazas ó potencial pedagóxico do deporte e de outros valores.
Pois ben, as actividades mais importantes que desenvolveron foron, o fútbol, patinaxe e xogos populares entre eles esta a chave. Todos os inscritos recibiron un diploma por participar e aprenderon que os xogos compartidos son importantes e axudan a crear hábitos de vida mais saudables.
Mais de trinta persoas participaron neste evento, a maioría nenos acompañados polos pais e incluso algún avó. Os equipos estaban formados por membros da mesma familia ou de varias, cada familia formaba un equipo que xogaba nunha partida de cinco minutos na modalidade que escollía previamente: o equipo gañador podía seguir xogando a que perdera.
Os equipos foron rotando polas diferentes modalidades e podían participar por cantas veces quixeran.
Acudiron o evento o ex xogador do OAR Miguel Juane o adestrador de O’Parrulo, Mario Calvo ademais as xogadoras do Orzán feminino de futbol e a súa adestradora Pilar Meira e diversas autoridades entre elas o alcalde de Ferrol, o concelleiro de deportes e o presidente de FEDYS o ex-xogador de Depor Fran.
Gardado en Eventos | Comentarios (1)Resultados XI Torneo de chave Café Bar Lúa Nova
O sábado 29 de Novembro do 2008 disputouse a final do torneo que cada ano organiza o café bar Lúa Nova que nesta ocasión tivo os seguintes resultados:
Máximo chavista 1ª Fase Mario de O’Pazo con 82 chaves
Máximo chavista Final Pachicho de O’Pazo con 60 chaves
1º Clasificado O’Pazo de Franza
2º Clasificado C.P.S. San Valentín de Fene
3º Clasificado Lúa Nova de Fene
