Solicitude de fotos

Fai uns días recibimos un correo no que nos solicitaban fotos referentes ao xogo da chave para un traballo.

Por un problema informático perdemos os correos anteriores e por conseguinte o correo do solicitante.

Se fose tan amable de volver a enviar o email estaremos encantados de remitirlle as fotos.

Asamblea ordinaria

A comisión xestora do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todo os xogadores dos equipos que participaron na Liga de chave do ano 2010 a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no C.P.S. San Valentín de Fene, o domingo dia 19 de Decembro do 2010 as 12,00 horas na primera convocatoria e as 12,15 horas na segunda, co seguinte orde do día.

  1. Lectura e aprobación da acta anterior se procede
  2. Estado de contas
  3. Formación de Directiva
  4. Balance deportivo
  5. Rogos e preguntas

NOTA:

Pregase a entrega do importe vendido da Loteria de chave e as participacións sobrantes para facer entrega na Administración.