II Campionato de Chave Casino Mugardés

O fin de semana que ven celébrase a segunda edición da 2ª Edición do Campionato de Chave Casino Mugardés, do 23 ao 25 de setembro.

Para apuntarse podedes chamar ao 981 470 043  ou no propio Casino.

O sorteo terá lugar o xoves día 22 ás 21:00 na cafetería do Casino Mugardés.

Resultado Trofeo O Fumazo (Neda)

Dende o pasado 12 de Agosto ata o sábado dia 10 de Setembro veuse celebrando o clásico Trofeo de chave O Fumazo no Concello de Neda.

Participaron neste evento 15 equipos dos cales chegaron a final os seguintes: Cuatro Caminos de Mugardos, O Pazo de Franza e O Fumazo de Neda, quedando a clasificación final da seguinte forma:

  1. O Pazo
  2. O Fumazo
  3. Cuatro Caminos

Máximo chavista da 1ª Fase León do equipo Lua Nova con 56 chaves.
Máximo chavista da final Juanolo do O Pazo con 57 chaves.