Voluntarios para o Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Queremos reproducir a circular enviada por Brinquedia:

Prezados colaboradores e colaboradoras; entidades, persoas físicas e organismos públicos que dalgún xeito vindes colaborando no desenvolvemento do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais que organiza Brinquedia:

En Brinquedia somos conscentes da existencia de diversas continxencias que afectan ao desenvolvemento de actividades fora dos centros, e que poden condicionar a vosa participación na iniciativa que cada ano estamos a convocar.

Pola presente poñémonos en contacto con vós para solicitarvos que nos indiquedes a vosa intención de participar no Encontro de xogos tradicionais que se celebrará este ano 2012 a mediados do mes de Maio. De non producirse un quorum mínimo veriámonos na obriga de suspender a nomeada cita, polo que rogamos comuniquedes a vosa disposición o antes posible (data límite: mes de Xaneiro)

Aqueles interesados en participar que o comuniquen na entrega da documentación

Entrega da documentación e pago do 2º prazo

Na asemblea realizada o pasado día 22 de xaneiro acordouse que dados os problemas para recadar o segundo prazo da cota por xogar decidiuse, despois de sopesar a opción de un pago único (irrealizable esta tempada por falta de tempo), que o segundo prazo de 12€ por chavista se aporte no momento de recibir o material para a liga.

O material para a liga entregarase o domingo 5 de febreiro no CPS de San Valentín (Fene).

Entregaranse os calendarios, bloc de actas (en caso de necesidade, un blog abonda para varias tempadas), sobres para entregar as actas e listado de xogadores da liga. Aos novos tamén se entregará unha carpeta e o regulamento da chave.

Así que antes de ir comprobade se necesitades bloc. De todos xeitos o club poderá proporcionar o bloc a media tempada en caso de ser necesario.

Formulario de inscrición liga de chave 2012

Lembrade que este domingo recollemos os formularios de inscrición para a XXV edición da liga de chave de Ferrolterra, será as 13:00 no local do CPS San Valentin de Fene despois da asemblea xeral que da peche a tempada 2011.

Se non tedes o formulario aqui o podedes descargar: folla inscripcion 2012 [pdf ]

Xunto o voso nome e apelido ven unha columna para “nome en acta”, esto refirese a que nun mesmo pode haber dous Alfonso por exemplo, pero un é coñecido como Sito e outro por Alfonso, ou pode que lle chamen polo apelido ou por un alcume… é importante que cada xogador teña un nome diferenciado para poder levar a conta de chaves de cada un sen cometer erros.

Tamén é necesario poñer un teléfono de contacto no que a persoa conteste no caso de que (cousa bastante frecuente) haia que cambiar o horario da partida por motivos laborais ou de forza maior.

Tamén axuda poñer un email de contacto xa que facilita moito a comunicación da directiva cos equipos.

Se tes pensado entrar a xogar na liga ou coñeces algún equipo que se de de baixa axudanos contactando con nos para ir preparando a liga.