Formulario de inscrición liga de chave 2012

Lembrade que este domingo recollemos os formularios de inscrición para a XXV edición da liga de chave de Ferrolterra, será as 13:00 no local do CPS San Valentin de Fene despois da asemblea xeral que da peche a tempada 2011.

Se non tedes o formulario aqui o podedes descargar: folla inscripcion 2012 [pdf ]

Xunto o voso nome e apelido ven unha columna para «nome en acta», esto refirese a que nun mesmo pode haber dous Alfonso por exemplo, pero un é coñecido como Sito e outro por Alfonso, ou pode que lle chamen polo apelido ou por un alcume… é importante que cada xogador teña un nome diferenciado para poder levar a conta de chaves de cada un sen cometer erros.

Tamén é necesario poñer un teléfono de contacto no que a persoa conteste no caso de que (cousa bastante frecuente) haia que cambiar o horario da partida por motivos laborais ou de forza maior.

Tamén axuda poñer un email de contacto xa que facilita moito a comunicación da directiva cos equipos.

Se tes pensado entrar a xogar na liga ou coñeces algún equipo que se de de baixa axudanos contactando con nos para ir preparando a liga.

About Pablo

Xogador de As Pintegas e Secretario do club
This entry was posted in A Liga. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>