Taberna do Feal campión de liga 2012

Esta fin de semana rematou a liga coa vitoria da Taberna do Feal na primeira división que repite o título que acadara no 2008 e que supón outro respiro na hexemonía de O Pazo na liga, o equipo de Franza este ano conformouse coa segunda posición ademais de acadar o trofeo ao equipos máximo chavista. A terceira posición é para o Lúa Nova.

Na segunda categoría o Brión Poniente quedou destacado na primeira praza e gaña tamén o trofeo ao equipo máximo chavista, seguido polo Fumazo A que retorna á primeira e o Imaxina Pazos que na tempada pasada militaba na terceira división e completa así a súa ascensión meteórica.

E para rematar na terceira categoría dous equipos de recente creación xogarán o ano que ven en segunda despois de que O Cruceiro A e O Cruceiro B acadasen a 3ª e 1ª posición respectivamente, a outro praza de ascenso é para o Emigrante C que recupera a categoría un ano despois do seu descenso.

O AVV Brión Castelao optou ate o último momento pola terceira praza ata chegar a empatar con O Cruceiro A pero a pesar de contar con mais chaves, no enfrontamento directo entre eles gaña o Cruceiro:

O Cruceiro A – AVV Brión Castelao    4 – 0    27 – 25    33 – 22
AVV Brión Castelao – O Cruceiro A    4 – 0    21 – 19    33 – 26

O Cruceiro A: 27 + 33 + 19 + 26 = 105 / AVV Brión Castelao: 25 + 22 + 21 + 33 = 101

No canto aos descensos e continuando a política levada na liga so o último clasificado ten asegurado que a vindeira tempada xogará nunha categoría inferior, posto que o nº de equipos por categoría dependerá do numero de equipos totais intentando sempre que as divisións estean equilibradas.

Agora empeza a tempada de torneos estivais, estade atentos ao noso calendario y se sodes organizadores dun torneo comunicádenolo ou grazas a unha nova opción que activaremos en breve poderédelo anunciar vós mesmos nesta web.