Inscrición na liga 2013

A continuación da asemblea do día 20 recolleranse os formularios de inscrición e os cartos para xogar a liga de chave 2013.

Non tedes mais que descargar a folla inscripcion 2013 e levala á reunión, se tedes alguna pregunta podedes facer un comentario neste post ou enviarnos un email.

Asamblea o 20 de xaneiro: Peche da tempada 2012

Asemblea Ordinaria

A directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todo os xogadores dos equipos que participaron na Liga de chave do ano 2013 a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no C.P.S. San Valentín de Fene, o domingo dia 20 de Xaneiro do 2013 as 12,00 horas na primeira convocatoria e as 12,15 horas na segunda, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior se procede
  2. Renovación da directiva
  3. Estado de contas
  4. Balance deportivo
  5. Rogos e preguntas

 Asemblea Extraordinaria

Despois da asemblea ordinaria no C.P.S. San Valentín de Fene, o domingo dia 20 de Xaneiro do 2013 terá lugar unha asemblea extraordinaria con un único punto:

Ante os problemas horarios que ten a actual directiva para os tramites administrativos nos concellos, solicitamos voluntarios con disponibilidade horaria ou a posibilidade de externizar a xestion do clube.

  1.  Inclusión de novos membros na xunta directiva ou modificación dos cargos