Calendario campionato CPS San Valentín

Mañá empeza o campionato que organiza o CPS de San Valentín, o calendario queda do seguinte xeito:

Grupo A

  • T. O Feal
  • Fumazo
  • O Pazo
  • San Martín
Grupo B

  • San Pablo
  • Limodre
  • Brion
  • Lua Nova A
Grupo C

  • Ambigú CPS
  • As Pintegas
  • Lúa Nova
  • Emigrante C
Martes 25
20:00  T. O Feal – Fumazo
21:00  San Pablo – Limodre

Miercoles 26
20:00  O Pazo – San Martín
21:00  Ambigú CPS – Emigrante C

Jueves 27
20:00  Brión – Lúa Nova A
21:00  Lúa Nova – Emigrante C

Viernes 28
20:00  Ambigú CPS – As Píntegas
21:00 T. O Feal – O Pazo

Lunes 1
20:00  Ambigú CPS – Lúa Nova
21:00  San Pablo – Brión

Martes 2
20:00 Pintegas – Emigrante C
21:00 Fumazo – San Martín

Miercoles 3
20:00  Limodre – Lua Nova A
21:00  Fumazo – O PAzo

Jueves 4
20:00 San Pablo – Lúa Nova A
21:00 San Martín – T. O Feal

Viernes 5
20:00 As Píntegas – Lúa Nova
21:00 Limodre – Brón

Martes 9
1º A – 2º B

Miercoles 10
1º B – 2ºC

Jueves 11
1º C – 2º A

Sábado 13
18:00 Final

Fin da tempada 2013

Este fin de semana rematou a liga de chave nas tres categorías a cabeza da primeira quedou o L.S. Limodre con tres xogadores que xogaron case todos os partidos e un xogador, Luis, que ademais de quedar como máximo chavista o fixo unha media de mais de 16 chaves por partida (16.16 para ser exacto); detrás quedaron un incombustible O Pazo ao que lle custou un inicio de liga irregular e despois o Brión Poniente que pasou de xogar o ano pasado na segunda división  a liderar a táboa na principio de tempada para quedar finalmente na terceira posición.

Na segunda división, primeira posición para o San Martín, seguido do AVV Serantes B e o Cuatro Caminos que o vindeiro ano xogarán en primeira división.

Para finalizar o Sta. Catalina – Bitakora mantívose intratable na primeira posición, segunda posición para o Casa Tilocha e terceira para o Casino Mugardés A. Os tres xogarán na segunda categoría.

Os descensos coma sempre dependerán do número de equipos cos que contemos o ano que ven, intentando sempre que as categorías estean igualadas no número de equipos tendo en conta que o último clasificado descenderá en todas as posibilidades.

Finalizada a tempada chega o tempo dos torneos de verán que podedes seguir na axenda desta web, se tedes pensado organizar algún torneo procurade que non coincida a final con outra final e comunicadevos coa web para que o anunciemos na web.

Gravación do programa “Mais Galego” para TVG

O próximo luns dia 24 festividade do Santo Xoan, e a partires das 16,30 horas estará no barrio de San Valentin (Fene) un equipo de televisión para a gravación do programa “MAIS GALEGO “, que será emitido pola TVG no mes de Xullo.

Participará en este evento a chave de Ferrolterra, polo cal convidase a tódolos xogadores arroupen con a súa presencia este evento que sen dúbida redundará na promoción e espallamento deste deporte autóctono tan querido por todos nós.

Agradecendo a vosa colaboración, un saúdo.