Buscamos patrocinadores

Todos os anos imprimimos uns carteis co lema “Aqui colaboramos coa liga comarcal de chave” rodeado de propaganda de casas comerciais que queren axudar a financiar a liga de chave a cambio da módica aportación de 20 € (30 € no caso de anuncio dobre).

Este ano despois de peche de varias desas empresas hai ocos no cartel que poderían ser cubertos por outras empresas, se coñeces a alguén que teña interes de colaborar a cambio de aparecer no cartel, banners na nosa web e outras formas de promoción ponte en contacto coa directiva o antes posible.

Chega a nova tempada da Iiga da chave

Un ano mais chega o momento de iniciar a nova tempada da liga de chave e enviamos esta circular para anunciar o calendario do inicio:

19 de xaneiro: Asemlea Xeral

  • Puntos da asemblea
  1. Lectura e aprobación da acta anterior se procede
  2. Estado de contas
  3. Balance deportivo
  4. Reforma nos estatutos do club
  5. Rogos e preguntas.

E ademais:

  • Recollida de formularios e e cartos da inscrición
  • Os chavistas que queran colaborar levarán os carteis de publicidade

9 de febreiro: Entrega da documentación para o desenrolo da liga

E ademais

  • Recolleranse os cartos dos carteis de publicidade
  • Realizaráse unha asemblea extraordinaria para ratificar os cambios da asemblea anterior se así fose necesario

15 de febreiro: Inicio da liga

Adxuntamos tamén o formulario de inscrición 2014.