Buscamos patrocinadores

Todos os anos imprimimos uns carteis co lema “Aqui colaboramos coa liga comarcal de chave” rodeado de propaganda de casas comerciais que queren axudar a financiar a liga de chave a cambio da módica aportación de 20 € (30 € no caso de anuncio dobre).

Este ano despois de peche de varias desas empresas hai ocos no cartel que poderían ser cubertos por outras empresas, se coñeces a alguén que teña interes de colaborar a cambio de aparecer no cartel, banners na nosa web e outras formas de promoción ponte en contacto coa directiva o antes posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *