2ª Xornada

Xogouse a segunda xornada da liga e recuperouse un pouco a normalidade das partidas despois de ter que suspender moitas a semana pasada por culpa do temporal. Na primeira O Pazo fixo unha partida de 50 puntos e sendo o único equipo que fixo os 8 puntos posibles, na segunda están todas as partidas xogadas e hai tres equipos con seis puntos.

A terceira é onde mais partidas faltan por xogar, moitos equipos por horario laboral teñen mais doado completar as partidas na fin de semana así que será entón cando se poñan ao día. Polo momento o Casino Mugardés B o que leva a voz cantante aínda que vendo a media de chaves dos seus perseguidores custaralle manter a posición.

Fe de erratas

Despois de entregar a documentación da liga é cando nos damos conta dos erros.

O erro mais importante é que as dúas primeiras xornadas de terceira división están equivocadas. Na primeira xornada aparecen as partidas que corresponden a segunda e na segunda xornada aparecen partidas correspondentes á segunda división. Esa folla quedaría asi:

Xornada 1 (15-feb-14) e  Xornada 12 (3-may-14)

  • Encontros Cociña – Lúa Nova A
  • AVV Serantes C – CPS San Valentín
  • Píntegas de Canosa – Emigrante A
  • Rincón de Picas – CCRD San Juan
  • Casino Mugardés B – Punto de Encuentro
  • Descansa : A Nova Lúa

Xornada 2 (22-feb-14) e Xornada 13 (10-may-14)

  • Lua Nova A – Casino Mugardés B
  • CPS San Valentín – Encontros Cociña
  • Emigrante A – AVV Serantes C
  • CCRD San Juan – Píntegas de Canosa
  • Punto de Encuentro – A Nova Lúa
  • Descansa : Rincón de Picas

Tamén hai un erro nas datas entre o 11 de abril e o 17 de maio, aparecendo unha xornada de venres antes do debido.

Aquí deixamos o Calendario de chave 2014 (corrixido) completo e corrixido para quen o queira imprimir.

O outro erro importante é que esta tempada o AVV Brión Castelao xogará na cancha do AVV de Mandiá; tamén que o SRCD San Juan de Piñeiro non xoga en Franza se non en San Juan.