Imprimir as clasificacións

Dende que a clasificación da liga está dispoñible ao minuto nesta web deixou de ser necesario o enviar as clasificacións aos bares xa que poden ser impresas en calquera momento.

Para facelo pódese imprimir en dous formatos: sinxelo e con estadísticas completas.

Para o formato sinxelo onde se verán os resultados das dúas últimas xornadas e a clasificación da última, a clasificación empregará unha sola folla. Para facelo nada mais sinxelo que ir a paxina de inicio da liga (http://liga.amigosdachave.es ) e usar o menú de imprimir do navegador (Arquivo > Imprimir).

No formato completo verase a os resultados, a clasificación, as vindeiras xornadas e a clasificación de máximo chavista.

A clasificación imprimirase en 3 follas, unha por cada categoría, aínda que no menú de impresión poderanse elixir que paxinas elixir para imprimir so as follas que queiras

Para imprimir este formato hai que seguir a ligazón IMPRIMIR da paxina principal ou ir directamente a http://liga.amigosdachave.es/resultados.php e imprimir esa páxina.