Campionatos 2014

Esta é a lista dos campionatos dos que temos constancia, se queredes aparecer nel poñédevos en contacto con nós.
Podedes velo tamén na axenda (se temos a información tamén poñemos as partidas do día)

I Campionato AVV Limodre por parellas:
Sorteo : Vernes 5 de decembro ás 20:00
Comezo:  Martes 9 de decembro
Final: Data por confirmar

Continue reading

Buscamos chavistas para ir a Muimenta

VI  Festa de xogos tradicionais

O 1 de xuño e celébrase o Encontro de Xogos tradicionais en Muimenta e a organización conta co Clube Amigos da Chave para organizar un pequeno torneo de chave para dar a coñecer a chave de ferrolterra.

Así que estamos xuntando un grupo de chavistas para ir, o desprazamento será nun bus así que os interesados en participar que se poñan en contacto coa directiva para ir preparando a viaxe.

Casa Tilocha deixa a liga

Debido a baixa de varios dos seus xogadores e a incapacidade de atopar xogadores que suplan aos que se van o Casa Tilocha, equipo da segunda división, decide abandonar a liga.

Debido a falta dun regulamento que detalle que facer nestes casos aplicamos precedentes e farase o mesmo que se fixo cando o Nenas do Emigrante deixou a liga  a metade da tempada 2010: recalcularase a clasificación eliminando os puntos e chaves feitos contra o Casa Tilocha, o que significa que farase a clasificación coma se eses partidos non se xogasen.

Ademais as próximas partidas do Casa Tilocha convertesen en xornadas de descanso para os equipos contra os que xogan.

Lembrade ademais que este sábado comeza a segunda volta e empézase a xogar ás 19:00, a próxima semana xa se xoga os venres e os sábados.