Referencias Históricas da chave en Ferrolterra (1950-2009). Autor : Xaime iglesias López.

Xa se pode adquirir o tan ansiado libro que fai referencia a introdución aos deportes autóctonos e tradicionais, os tipos de chaves en Galicia, a súa orixe, as datas importantes do seu desenrolo na Comarca de Ferrolterra, as referencias históricas dende o ano 1950 ata o 2009, incluíndo, palmarés, campionatos, directivos, directivas, imaxes,o seu himno, a súa solfa, as súas cancións,os seus equipos etc.etc.

A chave de Ferrolterra xa es comeza a ter historia ,este era o meu desexo dende hai moito tempo tiven que partires de cero pois a este deporte nin os medios de comunicación nin os estamentos públicos no pasado lle prestaron a atención que como deporte tradicional se merecía e se merece.

Con esta publicación xa temos un pouco e un moito de quen é, e quen foi a chave na comarca.

Nota: podedes reservar chamando o telefono 626385653

– o próximo dia 31 de Outubro , no Acto de Clausura tamén se poderá adquirir

This entry was posted in .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>