__Capitulo-VII- Regras de xogo

7.1.- Cada chaveiro tirará cinco pellos por man.

7.2 .- As partidas serán de seis tiradas completas por cada equipo, o que mais chaves faga será o gañador sumandose dous puntos por partida

7.3.- Cada equipo estará formado por un maximo de cinco chaveiros e un mínimo de tres

7.4.- Os equipos poderán incorporar novos chaveiros ata chegar ao tope de cinco pagando a súa inscrición

7.5.-O dar de baixa un chaveiro e de alta a outro, non será necesario pagar nova inscrición

7.6.-Un chaveiro non poderá inscribirse en varios equipos na mesma tempada ,en caso de baixa poderá xogar nún equipo de categoria inferior.

7.7 .- O nome dos equipos nunca serán ofensivos.

7.8 .-O que define a un equipo son os seus xogadores .

7.9.-O equipo poderá cambiar de nome sempre e cando cambie o nome do patrocinador e se manteñan como minimo dous chaveiros do ano anterior, , Considerando patrocinador o local que aloxa as partidas do equipo ou que paga 0 material deportivo ou a inscripción dos chaveiros etc.

7.10 .- Cando un equipo se da baixa na liga os equipos que xogaron as partidas contra eles perderan os puntos e número de chaves que conqueriran nas partidas.

7.11 .- Poderase cambiar un chaveiro en calquer man da primeira partida non podendo o chaveiro sainte voltar a entrar na mesma partida pero si na segunda partida

7.12 .- O minimo de chaveiros para escomenzar a partida será de tres por equipo, pero si no transcurso desta un dos chaveiros tivera que abandoar ou non houbera chaveiro de recambio ,poderán seguir xogando dous sós, deixandose a tirada do ausente en branco. O xuiz anotador reflexará na acta a causa, da incidencia.

7.13 .- Alineación indebida. Considerarase alineación indebida a participación dún chaveiro en unha partida cando a súa situación reglamentaria non llo permita, e po-lo que terá a consideración de falta grave po-la súa capacidade de alterar o orde da clasificación.

7.14 .- O equipo que presente un chaveiro non inscrito perderá automáticamente a partida xogada e catro (4) puntos sumando en esa partida cero (0) puntos e poderase descontar un (1), punto na clasificación xeral si asi se considera oportuno unha vez vistas as alegacións presentadas polo equipo infractor 7.15- A distancia de tiro será de 10’50 metros.

7.16.- O pello será de ferro e as medidas de 80 mm. de diámetro, 20 mm.de espesor e un peso aproximado de 750 gramos. Debendo de ser os 10 pellos iguais, non 5 de unha forma e 5 doutra, si fora asi hai que intercambialos de equipo dunha partida a outra.

7.17.- Tódo-los que o desexen, poden ter un xogo de pellos e xogar con eles tódalas competicións nas que participen, sempre e cando os pellos teñan as medidas e o peso tal e como se indica no punto 7.16

7.18 .-Unha vez este a chave colocada no tinteiro, deberá haber unha distancia minima igual a o diámetro dun pello entre a pa inferior e o chan, de tal xeito que a chave poida xirar libremente sin tocar o pello. A distancia máxima dende a parte inferior da pa o chan nunca poderá superar os 100 m/m

7.19. – Na colocación da chave só pode facelo un chaveiro do equipo que está realizando o tiro, pero si o dexexan, poden na mesma xogada ou noutras relevarse por outro chaveiro do equipo que non lle corresponda realizar o tiro.

7.20 .- No momento que a chave está na posición para o tiro o chaveiro que a está colocando non pode tocala coa man nin con outra parte do corpo asi como tampouco tocar con o pantalón o cadro da chave, habendo unha separación como minimo de 20 centimetros aproximadamente na súa verticalidade, tampouco se poderá poñer por detrás da chave.

7.21 .- Si o chaveiro que está poñendo a chave non fai caso do artigo anterior, o xuiz anotador debe anular as chaves que fixo o seu compañeiro de equipo mentres este chaveiro estivo pegado a chave tocando con o pantalón ou coa man o cadro da paleta da chave.

7.22 .- Para ser válida unha chave e necesario que xire unha ou mais voltas como mínimo, a pa que está mais preto da forquilla ten que quedar perpendicular a armazón da mesma, despois de pasar por esta outra pa.

7.23 .- A chave non será válida si despois do impacto do pello na pa o chaveiro intenta completar o seu xiro soprandolle.

7.24.- A chave non será válida si se toca a pa antes de dar a volta completa

7.25.- A chave non será válida si o pello no seu vo toca no chan antes de dar na pa, pero si será válida si toca na forquilla ou outra parte do armazón de ferro do conxunto e despois a fai xirar.

7.26.- A chave non será válida si o chaveiro que está facendo o tiro lanza o pello “a rebolo ou pedrada “, e decir de enriba para abaixo.

7.27 .-O chaveiro que esté lanzando o pello non poderá pisar nin sobrepasar a liña de tiro durante o lanzamento, podendo ser advertido unha primeira vez e anulada a chave si persiste

7.28.- O chaveiro que coloque a chave, pode colócala na posición máis adecuada para o tiro do seu compañeiro.

7.29.- A situación do chaveiro que coloca a chave, debe ser a dereita da mesma,vista dende a situación de tiro

7.30.- Dende que o pello e lanzado ata o momento que o xuiz a dea por válida a chave, o colocador non poderá tocar a chave.

7.31.- A orde de tiro non pode variarse unha vez que escomenzou a partida, pero podese facer nas seguintes.

7.32 .- Os chaveiros tirarán os pellos alternativamente, e decir, primeiro un chaveiro dún equipo tirará a súa man e logo o fará o chaveiro do equipo contrario.

7.33 .- Si en unha partida, por negrixencia ou erro, se varia o orde de tiro, serán anuladas as chaves, si as fixera o chaveiro ou chaveiros que non seguiron o orde, non podendo voltar a tirar a man ou mans que variou dito orde.

7.34.- Os chaveiros que estan xogando, pero non estan realizando o tiro, colocaranse de tal xeito no campo que non deben molestar o que esta realizando o tiro.

7.35- Si no momento de estar tirando un chaveiro invadise o campo unha persoa, animal ou calquer tipo de obstáculo, será nulo o lanzamento e o chaveiro terá dereito a voltar a lanzar de novo o pello.

7.36 .- Dentro do terreo de xogo estarán soamente os equipos que xoguen en ese momento.

7.37.- Os chaveiros do mesmo equipo poden animarse uns a outros pero non tratar con palabras ou obras de poñer nervosos os seus contrincantes

One comment on “__Capitulo-VII- Regras de xogo
  1. Se un chaveiro de da de baixa en primeira pode darse de alta non equipo de segunda, pero se un chaveiro de segunda se da de baixa xa non pode xogar. Moita cara temen la de primeira. Eu supoño que o non haber outra categoría inferior, poco apuntarme la mesma categoria (segunda), porque se non vaia merca de norma (favorece os chaveiro de primeira). Vaia carotas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>