Lista de seleccionados para a liga galega

Xa está confirmada a lista dos dous equipos que representarán ó Clube Amigos da Chave de Ferrolterra na liga galega de chave que empezará o vindeiro 3 de Maio. Os equipos quedan así:

Selección Ferrolterra A

Tano (L.S. Limodre) – Adestrador

  • Luís (L.S. Limodre)
  • Fernando (Bar Graña)
  • Pablo (Emigrante Madalum)
  • Jaime (Lúa Nova)
  • León (Lúa Nova)
  • Juanolo (O’Pazo)
  • Pachicho (O’Pazo)
  • Pablo (As Píntegas A)
  • Javi (A.V. San Pablo)
  • Sergio (Bar Xomar)
  • Paco (Lúa Nova A)
  • Eduardo (Lúa Nova A)
  • Manuel (Emigrante A)
  • Quique (Emigrante C)

Selección Ferrolterra B

Carlos (C.P.S. San Valentín) – Adestrador

  • David (C.P.S. San Valentín)
  • Paco (Ampigú CPS)
  • Luciano (Bar A’Xuntanza)
  • Chao (C.C. Outeiro)
  • Pichi (Curva do Pazo – Bar Mónica)
  • Antonio (Fumazo)
  • Ricardo (Fumazo)
  • Germán (Lar de Picas)
  • Manolo (Mesón O’Campo)
  • Julio (Mesón O’Campo)
  • Patiño (Taberna do Feal)
  • Daniel (Náutico de Caranza)
  • Irra (As Píntegas A)
  • Carlos (A.V. San Pablo)

Avances na Liga Galega de Chave

Celebrouse en Santiago o 27 de marzo unha reunión con o xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Antón Gómez, con os representantes da chave de Ourense, Santiago e Ferrolterra.

Os temas a tratar eran os seguintes:

  • Federación Galega de Chave
  • Liga de Galicia de Chave

O primeiro punto, está en fase técnica e haberá novas reunións para haber si este ano temos concretado o tema.

O segundo punto era a creación da Liga Galega 2008, déronse os pasos necesarios e quedou definida como sería.

Estará composta por dous equipos por zona, en total oito equipos: A Coruña (Irmandade da chave), Ferrolterra, Santiago e Ourense.

Haberá 15 xogadores por equipo un Comité de Competición, e cada club designará os seus seleccionadores.

O calendario é o seguinte, escomenzará o 3-05-08 e rematará o 15-06-08.

O Clube Amigos da Chave de Ferrolterra en reunión da directiva con os xogadores o día 2-04-08, xa aceptaron levar a cabo este evento, considerandose a importancia que ten, pois era unha aspiración que tiña este club.

Na reunión tamén designouse para xogar esta liga a cancha de San Valentín en Fene, por ser esta a única municipal.

Liga Galega de Chave Federada

O vindeiro xoves día 27 de Marzo do 2008 as 19:00 horas terá lugar unha reunión na Xunta de Galicia en Santiago.

O motivo e crear unha única Federación de Chave Galega e unha Liga Galega para todalas modalidades unificando criterios.

A este acto acudirán por parte da Xunta de Galicia a Directora Xeral de Deportes Marta Souto e o Delgado Xeral de Deportes Antón Gómez,  os representantes da Federación de Chave de A Coruña, e dos Clubes de Chave de Ferrolterra, Ourense, Santiago,Vigo e a Irmandade de A Coruña.