Resultados VI Trofeo de San Pablo

A clasificación do torneo quedou do seguinte xeito:

  1. Lúa Nova
  2. C.C. Outeiro
  3. Náutico de Caranza

O máximo chavista da primeira fase foi León de Lúa Nova A e o máximo chavista da final Juan de C.C. Outeiro. Tamén hai destacar a Teba do Píntegas A que foi a única participante feminina de todo o torneo.

39º Torneo Club do Mar de Mugardos

Despois de varios anos sen organizar un torneo de chave o Club de Mar de Mugardos celebrará a 39 edición do seu torneo de chave de verán.

Na competición participarán doce equipos que son: Club de Mar de Mugardos, Lúa Nova, L.S. Limodre, Ambigú C.P.S., C.P.S. San Valentín, C.C. Outeiro, O Pazo, A Curva do Pazo / Bar Mónica, O Fumazo, O Lar de Picas e Os Pinabetas (equipo con xente de Mugardos).

O torneo empeza mañá día 2 de xullo e as primeiras eliminatorias serán os dias 2, 3, 4 , 8, 9 e 10; as semifinais son o 15, 16 e 17. As partidas xogaranse as 20:00 do serán.

A gran final xogarase o 19 de xullo, coincidindo coa Festa do Polbo de Mugardos.