Recta final da liga

Dende esta fin de semana en todas as divisións xogaranse partidas tanto o venres coma o sábado ata o fin da liga que será o 26 de Xuño.

a estas alturas aínda está todo por decidir. Na primeira división entre o terceiro clasificado e o once hai seis puntos de distancia e na segunda os postos de descenso e ascenso estan moi lonxe de estar decididos.

Recordar tamén que aínda hai equipos pendentes do pago do segundo prazo da cota e que deberán ingresar os cartos na conta bancaria que figuraba nunha circular previa.

Sorte a todos os equipos!

Posted in A Liga | Leave a comment

II festa de xogos tradicionais Xotramu


Este domingo celébrase en Muimenta (Lugo) a segunda festa do xogo tradicional.
O Clube Amigos da Chave de Ferrolterra asistirá para amosar a chave de Ferrolterra.

Posted in Eventos | Leave a comment

Baixa dun equipo na 3ª División

Antes que nada queremos ter un recordo para Juanma, xogador do Emigrante A, que tristemente faleceu a pasada fin de semana.

Eran moitos xa os anos que levaba xogando a chave e moitos os que o coñecían e o apreciaban, descanse en paz.

En parte producido por este triste suceso As Nenas do Emigrante retíranse da competición polo que nas seguintes partidas que tiñan no calendario o equipo co que lles tocaba xogar descansará.

Dado que non queremos prexudicar aos resto de equipos decidimos que o mais xusto para todos sería que as partidas que se xogaron anteriormente non conten para a clasificación da liga, certo é que se barallou a posibilidade de manter os resultados da primeira volta pero desbotamos esa opción o crer que habería unha discriminación entre os equipos aos que lle coincidiu a partida en casa a aos que lles tocou coma visitante.

Así pois a semana que ven xa se enviarán as clasificacións cos axustes na puntuación dos equipos, podedes consultar a clasificación actual da 3ª división na sección da liga desta web.

Posted in A Liga | Leave a comment

Xornadas de xogos tradicionais en Fene

No marco do programa de “Deporte Escolar” comezan as xornadas dedicadas aos xogos tradionais que terán lugar  nos arredores do Pavillón da Xunqueira os días 29 e 30 de abril.

Con esta actividade o Concello xuntará novamente ao alumnado de primaria dos centros de ensino feneses.

DATAS:

29 de abril: CEIP Os Casais– CEIP O Ramo – CEIP Centieiras

30 de abril:– CPI A Xuqueira – Colexio Jorge Juan

A xornada terá lugar en horario lectivo de 10:00 a 13:00 e participará todo o alumnado de primaria, dende primeiro ata sexto.

A nova completa en Fene Cidadán.

Os chavistas que queiran colaborar coa iniciativa que contacten con nós, unha man de axuda nunca ven mal.

Posted in Eventos | Leave a comment

Próximos eventos

O Clube Amigos da Chave de Ferroltera está invitado a participar próximamente na Feira do Libro de Ferrol (do día 21 ao 25 de abril) e ao V Encontro escolar en Lugo (o 22 de maio).

Enviouse unha circular aos chavistas pedindolle a súa colaboración, a uns por email e a outros por carta.

Os que queiran colaborar que se poñan en contacto co noso email ou que contacten con alguén da xunta xestora.

Posted in Circulares | Tagged | Leave a comment