Frente a Redes unha nave
no mar deixa o seu rastro
e o equipo de chave
do «Mesón da Pedreira»
que pasa por Almieiras
a xogar a Río Castro.
Chega a tripulación
con Nicolás de primeiro
que do buque e o patrón
sendo Ánxel con Manolo
Ánxel II e Maroño
os seus unidos mariñeiros
E en tan fermoso paraxe
de recóndito lugar
con moi enxebre paisaxe
o Mesón e O Emigrante
a súa partida van xogar.
Que delicia respirar
o aroma do cravel
e o poder contemplar
o xardín do «Emigrante»
en perfumado verxel.
Lonxe do atroz ruido
da cidade libertina
ali atopamos o niño
remanso de paz e descanso
e unha espléndida cantina.
Pó-lo xogo da chave
alí un día nos citan
e só Dios o sabe
que tomando do seus viños
as penas que ali se quitan.
Dando fín as partidas
banquete de restaurante
naide fai as tortillas
tan xugosas e sabrosas
como no Bar «O’Emigrante».
Parrochas e empanada
todos atados o banco
a merenda vai regada
con boas xarras a tope
de sabroso viño branco.
E nesta sana compañía
brinda Patiño e Tano
con tan ampria alegría
os problemas se olvidan
de a Bazán e Astano.
Brotan do Dúo Dinámico
cancións de grato sabor
que Nicolás moi fantástico
nos recorda o bello canto
«Quince anos ten meu amor».
E queda no recordo
e dentro do corazón
a alegria que sentimos
os cinco que compuximos
o equipo do «Mesón».
Unha rapaza nos inspira
e enchenos de dicha e consolo
e de fermosa mirada
e sabemos que se chama
María dos ollos de ceo.
Os seus beizos son de rubí
dos seus ollos célase o astro
de ahí que sexa María
do equipo a nosa madriña
e a raiña de Rio Castro.
