Capítulo I – Organización

13 Febreiro, 2008

1.1.- Tódalas Sociedades, Comisións de festas. Bares, Cafeterías, etc., poden organizar competicións ou campionatos de chave.

1.2.- Cada Sociedade, Comisión de festas, Bares, etc., pode organizar o campionato podendo elixir a forma de realízalo.* por eliminatoria, entrando tódolos equipos no sorteo, ben exentos os primeiros clasificados do ano anterior, segundo os equipos a participar, po-lo sistema de liga ou por grupos, en fin, pode facelo como desexe, pero ten que notificar de que forma vai a ser antes de realizar o sorteo.

1.3.- Para realizar a organización de estas competicións ou campionatos, hai que contar coa dous xuíces para os mesmos, estes non poderán participar como xogadores en ningún dos equipos participantes no campionato que eles controlan.

1.4.- Pódense inscribir tódolos equipos que desexen, pero o facelo obrígalles a participar, non podendo, unha vez feito o sorteo renunciar, debido o prexuízo que faría a organización da competición.

1.5.- Unha vez coñecidos os equipos que van a participar e antes de facer o sorteo, notificarase se non se fixo antes, o tipo de competición elixido, incluso cantos equipos disputarán a final e de que forma se xogará esta.

1.6.- Si en algún dos campionatos houbera trofeo para o máximo chavista, tódolos compoñentes dos equipos participantes teñen dereito de opción o mesmo, posto que si esta se xoga na primeira eliminatoria e algún equipo quedara exento por motivos de emparellamento ou por no presentarse o rival, a estes equipos seríanlles válidas as chaves que fixeran na seguinte eliminatoria, que sería a súa vez, a primeira partida xogada por estes equipos.

1.7.- Tódolos equipos e compoñentes dos mesmos non deben de participar en ningún campionato que se celebre fora das normas do Regulamento en vigor, podendo ser estes sancionados por acudir a ditos campionatos.

1.8.- Tódolos participantes en ditos campionatos teñen que ir provistos da Licencia do xogador asinada, selada po-la Delegación Comarcal de Chave


Comentarios están pechados.