3.9.- Dentro do terreo de xogo estarán soamente os equipos que xogan en ese momento.
3.10.- Os xogadores tirarán os pellos alternativamente, e dicir, primeiro un xogador de un equipo tirará a súa man e logo o fará o xogador do equipo contrario.
3.11.- O pe do xogador que está realizando o tiro, non pode pasar da liña marcada no chan, debendo ser esta unba táboa que sobresaia uns centímetros.
3.12.- 0 xogador que coloque a chave, pode colócala na posición máis adecuada para o tiro do seu compañeiro.
3.13.- A situación do xogador que coloca a chave, debe ser a dereita da mesma, vista desde a posición de tiro.
3.14.- 0 orden de tiro dos xogadores non podo variarse unha vez que empezou a partida, pero poden faceto ñas seguiotes.
3.15.- Os xogadores do mesmo equipo poden animarse uns a outros pero non tratar con palabras ou obras de poner nerviosos os seus contrincantes.
3.16.- Tódolos equipos que participen na liga e non teñan cancha propia, pode elixir a que consideren máis apropiada, comunicando po-lo menos, con unha semana de antelación.
3.17.- Si por algún motivo, un equipo cambia de cancha pode elixir unha segunda, terceira, etc., pero sempre avisando con unha semana de antelación.
3.18.- 0 equipo que xogue na súa cancha e responsable de ter en perfecto estado de funcionamento a chave, pellos e marcador, sendo tamén da súa responsabilidade de ter na cancha a mesa, actas e xuíz anotador.
