Capítulo III – Equipos e Xogadores

3.1.- Tódolos xogadores están obrígados a coñecer e respectar o Regulamento en vigor, a ignorancia total ou parcial do mesmo non o desculpa das infraccións que contra el poida cometer.
3.2.- Cada equipo estará formado por cinco xogadores, podendo xogar tres de principio e cambiar calquera dos outros dous despois da segunda man da primeira partida, non podendo xogar despois os xogadores substituídos.
3.3.- Os xogadores non están obrígados a ter continuidade, podendo os compoñentes dos mesmos a xogar en equipos distintos dun campionato a outro.
3.4.- Na colocación da chave so pode facelo un xogador do equipo que está realizando o tiro, pero si o desexan, poden na mesma xogada ou noutras, relevarse por outro xogador que non lle corresponda realizar o tiro.
3.5.- No momento que a chave está na posición para o tiro o xogador que a está colocando non pode tócala coa man nin outra parte do corpo así como tampouco pegar o pantalón o cadro da chave, habendo unha separación como mínimo de vinte centímetros aproximadamente na súa verticalidade, tampouco se poderá poñer por detrás da chave.
3.6.- Si o xogador que está poñendo a chave non fai caso do artigo anterior, o xuíz anotador debe anular as chaves que fixo o seu compañeiro de equipo mentres este xogador estivo pegado a chave tocando co pantalón ou co a man o cadro da paleta da chave.
3.7.- Os xogadores que están xogando, pero non están realizando o tiro, se colocarán de tal forma no campo que non deben molestar o que a está realizando.
3.8.- Un equipo pode quedar eliminado de un campionato, ademais das normas, por perder, por incomparecencia, mal comportamento de palabra ou obra e por retirarse do mesmo sen motivo xustificado, podendo ser sancionado coa non inscrición temporal en futuras competicións tanto como equipo como individualmente.

Deixe un comentario

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>