Este Regulamento naceu como consecuencia das conversas mantidas durante as competicións de chave, po-la maioría dos xogadores e afeccionados a este belo deporte o ver a necesidade de regúlalo, toda vez que había algunhas pequenas diferencias de xogo entre as zonas do Ferrol e a Ría.
Este deporte netamente galego, necesitaba como tódolos deportes un regulamento para rexerse por el, non só para os campionatos comarcais, tamén para os torneos locais que se celebran tódolos anos.
As reunións se celebraron durante os meses de Xaneiro e Febreiro do ano 80 nos locais do «Club do Mar» de Mugardos, participando nas mesmas representantes da maioría dos equipos das dúas zonas.
De estas reunións naceu este humilde Regulamento, na que os que o elaboraron puxeron moita ilusión, sabendo de antemán que non ia ser o derradeiro, pero si un punto da partida para tratar de melloralo en anos sucesivos.
Todas as regras de xogo son boas cando as aceptan tódolos participantes e aquí están recollidas as que se creron eran as mellores.
Por último dicir que o único que se pretendeu o elabóralo foi darlle mais vistosidade e divulgación a este belo deporte. E entre todos vamos a logralo.
AGRADECEMENTO
A nosa gratitude a tódolos amigos da Zona de Ferrol e a Ría po-las súas valiosas apartacións que fixeron posible a elaboración deste Regulamento da chave. Nas reunións que tivemos houbo unha gran comprensión por parte de todos para poñerse de acordo nas pequenas diferencias do xogo que había nas dúas zonas.
Gracias a súa colaboración, irnos a contar para os torneos e campionatos que celebremos este ano, con un Regulamento que recoñecendo non vai ser o derradeiro, é o primeiro e por él nos vamos a rexer.
Todo pode e debe mellorarse, este Regulamento tamén e o faremos como agora entre todos, poñendo todo o interese para facer deste belo deporte, tan antigo na nosa Galicia, unha promoción que alcance a todos, veteranos e xovenes.
O noso agradecemento tamén o Club do Mar de Mugardos po-la súa xentileza o cedernos os locais para celebrar as reunións das que naceu este Regulamento.
PRÓLOGO
De todos e coñecido o xogo da chave, xogo que se estende por toda a nosa Nación Galega, non o debemos deixar esquecer, pois o fin e o cabo e un momento de reunión que temos tódolos compañeiros, amigos e afeccionados durante as disputas das grandes partidas da chave, o mesmo tempo temos que darnos conta que o ser un xogo amater, debemos comportarnos todos nos coa máxima corrección e deportividade.
Que gañe sempre o mellor, pero non hai que esquecerse que o máis bo deste xogo, e o saber perder.
